Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco.
O escritor e investigador Carlos Callón presenta o venres 23 de outubro ás 11:00 horas na aula 0.09 “O libro negro da lingua galega”.
Na súa faceta como investigador da Universidade de Santiago de Compostela, ten traballado en profundidade a persecución e minorización da lingua galega. Esta obra recompila parte desta actividade académica e recolle testemuños que documentan a discriminación sufrida polo galego dende o século XV ata finais do século XX.
Documentos relacionados
-
Cartel PDF