O Concello de Valga (Pontevedra), en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, organiza unha andaina por diferentes lugares de Valga, co obxectivo de promover o uso da lingua galega na vida e nas actividades cotiás. A cita é o sábado 17 de outubro, a partir das 9.30 h. A andaina sairá do parque Irmáns Dios Mosquera e percorrerá un traxecto de 7 quilómetros de dificultade media-baixa mediante un percorrido circular, con chegada ao punto de partida. Desde Pontevalga, as persoas participantes enfiarán a senda cara ao Carballiño ata chegar á Mina Mercedes, que bordearán, pasando pola igrexa parroquial de Campaña, pola Ponte do Souto e polo CODI, con lectura de texto en lingua galega e creación dun mural pola lingua.
As incricións pódense formalizar de xeito presencial na Casa do Concello ou no Auditorio, así como por correo electrónico remitindo a folla de inscrición cuberta ao enderezo xestion@valga.gal.
Documentos relacionados
-
Cartel JFIF