Xornadas Olladas no Pasado 2026

Comeza: 13/11/2026 17:00

Salón de actos do Pazo de San Roque. Santiago de Compostela

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades organiza os días 13 e 14 de novembro as xornadas Olladas no pasado 2026, que nesta edición levan por título Otero Pedrayo e Galicia como guía.

No ano oteriano, que conmemora o 50 aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, autor de Arredor de si, as xornadas dedícanse á figura do fidalgo de Trasalba e á súa contribución ao coñecemento e á interpretación de Galicia.

O programa desenvolverase no Salón de Actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, e incluirá conferencias, mesas redondas e presentacións de libros arredor de diferentes aspectos da vida e da obra de Otero Pedrayo, desde a historia, a política e a relixiosidade ata a literatura, a xeografía, o territorio e a paisaxe. Tamén se presentará a edición facsimilar da Síntese xeográfica de Galicia, do autor ourensán.

As xornadas están coordinadas por Xosé Amancio Liñares Giraut, director do Ámbito de Estudos en Historia Contemporánea do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Documentos relacionados

Xornada/Congreso
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades