Do 11/04 ao 11/04 do 2026

Santalices. O legado

Concerto didáctico de Verónica Santalices e Federico Welick

Comeza: 11/04/26 | 20:00

Onde: Casa da Cultura | Xinzo de Limia | Ourense

Volver

Verónica Santalices e Federico Welicki ofrécennos o concerto didáctico Faustino Santalices. O legado, dedicado ao gaiteiro e musicólogo de Bande. Faustino Santalices (Bande, 1877 – Madrid, 1960) foi un dos grandes nomes da nosa cultura; un home que dedicou a súa vida a investigar, construír e interpretar instrumentos e que lles devolveu á zanfona e á gaita un lugar central na música galega. No mundo da música tradi, o seu nome soa con respecto e admiración. Porén, entre o público xeral aínda non ocupa o lugar que merece. Do mesmo xeito que todos sabemos quen foron Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro, tamén deberiamos coñecer e recoñecer a Faustino Santalices.

  • Concerto
  • Secretaría Xeral da Lingua