Do 10/05 ao 10/05 do 2026

Begoña Caamaño: o transgredir das ondas

Con texto de Paula Carballeira

Comeza: 10/05/26 | 20:00

Onde: Auditorio Municipal, | Quiroga | Lugo

Volver

Velaquí unha proposta teatral arredor da autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2026. Conta con texto de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e está interpretada por Rocío González, da compañía Berrobambán. A actriz dálle vida a unha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora. A partir da relación entre as anotacións no diario e os diferentes momentos da vida profesional de Caamaño, vaise reconstruíndo ante o público a traxectoria dunha creadora excepcional, implicada co feminismo e cos diversos movementos sociais en que participou. Porén, durante a gravación deste podcast aparecerán diversos problemas técnicos que transformarán as ideas iniciais da xornalista e influirán de forma decisiva no seu relato, como se o propio espírito de Begoña quixese puntualizar algunhas das pasaxes narradas e, ao igual ca as protagonistas das súas novelas, ser dona da súa propia historia.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Secretaría Xeral da Lingua