Galego pode selo calquera

Monólogo de Alberte Montes

Comeza: 17/07/2026 | 21:00

Auditorio Manuel María | O Carballiño | Ourense

Ser galego é doado? Depende. Os galegos temos un xeito de ser característico e diferenciado e historicamente téñense empregado tópicos derivados del para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastrásemos algo de autoxenreira. Ata non hai moito pensábase que a baixa autoestima dos galegos era crónica, pero Alberte Montes demostraranos con este monólogo, dende o humor, que non é así, que eses tempos foron pasando e agora xa somos quen de defendernos con orgullo do estigma combatendo os ignorantes, ríndonos dos propios defectos e chufándonos das nosas diferenzas. Ser galego non é só parar na escaleira e facerlle crer á xente que non sabemos se subimos ou baixamos. Para ser galego hai que reunir moitas máis aptitudes... entre elas, falar con orgullo a lingua de Rosalía.

Espectáculo Contacontos/Narración oral Secretaría Xeral da Lingua