Deitado na area

Concerto de Carolina Rubirosa e Xavier Alcalá

Comeza: 24/07/2026 | 21:00

Xardín Umbrío | Vilanova de Arousa | Pontevedra

Carolina Rubirosa e Xavier Alcalá, autor de temas tan emblemáticos coma Teño Saudade ou Fogar de Breogán, fan un repaso pola obra de Andrés do Barro, contextualizando histórica, social e culturalmente o momento en que foron compostas e toda a Nova Canción Galega, e dotando o repertorio dobarriano de novas roupaxes sonoras. Unha ollada diferente para presentarlle o autor ferrolán ás novas xeracións e ofrecerlles información descoñecida a aqueles que viviron o ascenso de Andrés do Barro ao número 1 das listas de éxitos estatais cantando en galego.

Concerto Secretaría Xeral da Lingua