Deitado na area

Concerto de Carolina Rubirosa e Xavier Alcalá

Comeza: 21/08/2026 | 19:30

Parque Irmáns Dios Mosquera (ou Auditorio en caso de mal tempo) | Valga | Pontevedra

Carolina Rubirosa e Xavier Alcalá, autor de temas tan emblemáticos coma Teño Saudade ou Fogar de Breogán, fan un repaso pola obra de Andrés do Barro, contextualizando histórica, social e culturalmente o momento en que foron compostas e toda a Nova Canción Galega, e dotando o repertorio dobarriano de novas roupaxes sonoras. Unha ollada diferente para presentarlle o autor ferrolán ás novas xeracións e ofrecerlles información descoñecida a aqueles que viviron o ascenso de Andrés do Barro ao número 1 das listas de éxitos estatais cantando en galego.

Concerto Secretaría Xeral da Lingua