Latexos

Espectáculo familiar de K'Paparota Teatro

Comeza: 18/09/2026 | 19:00

Casa do Médico | Muras | Lugo

K'Paparota Teatro chega este outono por primeira vez ao FalaRedes cunha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas a partir de tres anos e ás súas familias. Trátase dun espectáculo en clave de humor, protagonizado por Patricia Cameán, en que, a través de obxectos de mesa e monicreques, os cativos e cativas da casa poden mergullarse na maxia das lendas galegas. Xentís, trabes soterradas e cabalos capaces de dar saltos incribles acompañaranos nunha viaxe chea de fantasía que os levará, se son quen de non perder o rumbo, a atoparen os marabillosos pitiños de ouro.

Espectáculo Monicreques Secretaría Xeral da Lingua