Obradoiro con De Vacas

Dinamización do galego no repertorio das corais galegas.

Comeza: 11/09/2026 | 17:00

Centro Cultural | Outeiro de Rei | Lugo

Humor, retranca e nova oralidade son os ingredientes deste taller que o coñecido grupo De Vacas, que celebra en 2026 o seu décimo aniversario, desenvolverá coas agrupacións corais Canta Noia, OMM Carlos Barroso, Os d'aquí de Meira, Son Outeiro e Coral de Vilaxoán.

A actividade céntrase no traballo do repertorio característico da formación: letras con retranca, perspectiva de xénero, harmonización de cancións modernas e uso vivo e contemporáneo do galego, que se reforzará como ferramenta expresiva contemporánea e versátil. Durante o obradoiro, as persoas participantes experimentarán coa oralidade, xogando coa palabra, o ritmo e a intención comunicativa para transformar temas coñecidos en pezas corais cheas de frescura.

Ligazóns relacionadas

Obradoiro Secretaría Xeral da Lingua