XXVIII Cursos de verán de lingua e cultura galegas, organizados pola Real Academia Galega en colaboración coa SXPL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña organizan a vixésimo oitava edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolverán en Santiago de Compostela do 1 ao 24 de xullo de 2015.

Prazo de inscrición: ata o 30 de abril.

Documentos relacionados