II Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino. O ensino da literatura ante o desafío dun novo modelo cultural
O departamentos de Filoloxía Galega e de Didáctica da Lingua e a Literatura e das Ciencias Sociais organizan en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria as II Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino. O ensino da literatura ante o desafío dun novo modelo cultural, que se desenvolverán na Facultade de Filoloxía da USC os días 6 e 7 de marzo de 2015.
Están destinadas a docentes e persoas interesadas no ensino da/s literatura/s e dirixidas, nomeadamente, a profesorado de ensino secundario da especialidade de Lingua e literatura galegas. A Consellería de Cultura e Educación recoñece esta actividade como formación permanente do profesorado con 12 horas lectivas.
Documentos relacionados
-
Programa PDF
Normativas relacionadas
- Orde do 20 de agosto de 2014 pola que se convocan cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega Celga que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia Ligazón ao DOG
- Corrección de erros da Orde do 20 de agosto de 2014 . Ligazón ao DOG