XII Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballando en lingua
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Universidade da Coruña na décimo segunda edición deste encontro anual dirixido a profesionais da lingua no que se abordan análise, debate, reflexión e propostas prácticas para avanzar na normalización lingüística do galego. Nesta ocasión, centrado no ámbito socioeconómico, un sector de vital importancia para o presente e o futuro do idioma.
Datas e lugar de realización: 6 e 7 de xullo, no Fórum Carballo
Número de prazas: 60
Matrícula (ata o 30 de xuño)
Despois do desenvolvemento do Curso de verán #traballandoenlingua no ámbito socioeconómico no que participaron representantes do empresariado, consumidores/as, traballadores/as da lingua, administración, universidade, etc., acordouse facer públicas as seguintes 17 conclusións para mellorar o uso e a posta en valor do galego no ámbito socioeconómico.