Volver

XI Ciclo de mesas redondas 'Escritores na Universidade'

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e mais coa Universidade de Vigo (UVigo) neste encontro que ten como finalidade achegarlle á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.

O obxectivo xeral é que o alumnado obteña unha unha panorámica subxectiva da situación dos xéneros poético, narrativo e teatral en Galicia na actualidade a través das/os súas/seus creadores/as. Despois de cada mesa redonda hai un coloquio aberto para darlle oportunidade ao alumnado de formular as súas preguntas.

Datas e lugar de realización: 26 de setembro e 5 e 19 de outubro no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo