Volver

Simposio Antonio Fraguas

A Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas, co apoio da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, reúnen neste simposio de peche das Letras Galegas 2019 unha vintena de voces que profundarán na pegada de Antonio Fraguas na cultura galega e no seu legado nos estudos de etnografía, folclore, xeografía e arqueoloxía.

A asistencia ás sesións é libre e gratuíta ata completar a capacidade das salas. As persoas interesadas en ter un xustificante de asistencia, deberán remitir un correo electrónico a secretaria@academia.gal

Lugares:

Real Academia Galega (A Coruña), 26 de novembro

Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), 27 e 28 de novembro de 2019