Volver

XVI Curso de formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da literatura infantil e xuvenil

A Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) convocan estas xornadas para axudar o futuro profesorado de educación infantil e primaria, así como a todo tipo de mediador, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.

A temática elixida é a do camiño, entendido este cunha visión ampla que recolle as viaxes, a deriva interior iniciática, os camiños de peregrinación etc., pois considérase que, ademais de axudar ao coñecemento do obxecto principal de análise, a literatura infantil e xuvenil axuda a poñer en valor o patrimonio cultural e identitario galego.

O curso celebrarase os días 21 e 22 de novembro no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela, respectivamente.