Volver

XV Xornada de Normalización Lingüística

Escolas Católicas de Galicia organiza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a XV Xornada de Normalización Lingüística dirixida, un curso máis, a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados de Galicia. O programa ofrece relatorios sobre Ricardo Carvalho Calero ou sobre a calidade da lingua, experiencias de traballo en centros educativos e unha homenaxe ao irmán Reboiras, relixioso lasaliano cunha longa traxectoria de defensa e promoción da lingua galega. A xornada rematará coa entrega dos Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego. A actividade desenvolverase o 29 de novembro no Consello da Cultura Galega.

O prazo de inscrición remata o 27 de novembro