Volver

XXII Encontros para a Normalización Lingüística

O Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a XXII edición dos Encontros para a Normalización Lingüística.

Co título "A integración lingüística como ferramenta de cohesión social", estes Encontros celebraranse de xeito virtual, con mesas redondas transmitidas a través do web do Consello da Cultura Galega e da súa canle de Youtube os días 13 de novembro (emisión gravada dos Encontros), e 16 e 19 do mesmo mes (debates ás horas indicadas no programa). A actividade permanecerá despois na Mediateca do Consello. Non se require inscrición previa.