Volver

Cultura Galega e Emigración: a Galeguidade na Diáspora

A Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (Fundehsga), coa colaboración da Universidade Internacional LiberQuaré e o apoio das secretarías xerais de Emigración e de Política Lingüística, está a desenvolver un completo programa de cursos académicos nun eido de interese certo para Galicia e a proxección da súa cultura no exterior.

O programa de actividades ten como título xeral Cultura Galega e Emigración: a Galeguidade na Diáspora e está estruturado en tres cursos, para os que conta cun moi amplo equipo de docentes especialistas nas diversas materias abordadas:

  •  Cultura Galega e Emigración: a Galeguidade na Diáspora. Curso de Experto  (do 5 de abril ao 24 de maio de 2021).
  • Cultura Galega e Emigración: a Galeguidade na Diáspora. Curso de Diplomado (segundo semestre do 2021).
  •  Cultura Galega e Emigración: a Galeguidade na Diáspora. Curso de Máster, desenvolverase no primeiro semestre do 2022.

Cada un destes tres cursos integra catro módulos que atenden, respectivamente, á Historia e Sociedade na Galicia da Diáspora; o Idioma e Escrita Galega na Diáspora; as Artes na Diáspora Galega; o Camiño e os camiños de Galicia no Mundo e mais a Galicia Diversa: Outras Realidades da Cultura Galega Actual.