Volver

Convocatoria de nove prazas para traballar no proxecto Nós

Ofértanse nove postos de traballo vinculados ao proxecto Nós a través da convocatoria pública 3/2022, publicada o 8 de xullo de 2022, cunha duración de 29,5 meses.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc. A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 23:59 h do 15 de xullo de 2022.