Bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
ORDE do 13 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2022, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).
Os proxectos de investigación en que os bolseiros e bolseiras poderán formarse son os seguintes:
- Bibliografía da literatura galega
- Fraseoloxía galega
- Corpus de referencia do galego actual (CORGA)
- Cantigas de Santa María
- Prosa literaria medieval
- Terminoloxía científico-técnica
- Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala
- Base de datos do ALIR
- Dicionarios de literatura
Normativas relacionadas
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Extracto da Orde Ligazón ao DOG