Volver

Convocatoria de 11 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro

ORDE do 19 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2023, de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

As persoas interesadas en concorrer á devandita convocatoria poderán presentar as súas solicitudes exclusivamente por vía telemática a través da sede electrónica da Xunta ata o 1 de setembro.

Unha vez seleccionadas, as persoas beneficiarias comezarán as súas actividades de formación aproximadamente o 1 de decembro de 2023 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2025.