Volver

Convocatoria do Plan Proxecta (curso 2022-2023)

Resolución do 20 maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso escolar 2022/23.

Neste curso escolar ofrécense 45 programas educativos, que se poden consultar na web de Proxecta+ (véx. Programas). Os centros de ensino teñen de prazo ata o 26 de setembro para formalizaren a solicitude a través da aplicación de Plan Proxecta+ (https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/).

No marco deste plan, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove catro programas específicos: Nós tamén creamos!, Proxectos de innovación en dinamización lingüística, Proxecto didáctico Antonio Fraguas e Fitofaladoiro.

Para informarse sobre a organización e a xestión do Plan Proxecta+, pódese contactar co persoal asesor do Plan Proxecta nos teléfonos 881 996 395 / 881 997 498. As dúbidas relacionadas con cada programa en concreto resolveranse coas persoas responsables que aparecen na correspondente ficha técnica.