Volver

Cursos Celga 2, 3 e 4

Resolución do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Acta do resultado do sorteo realizado o día 10 de marzo de 2023 no salón de actos da sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Celga 2 en liña

Celga 3 en liña

Celga 4 en liña

Celga 2 Ourense (presencial)

Celga 3 Lugo (presencial)

Celga 3 Ourense (presencial)

Celga 4 A Coruña (presencial)

Celga 4 Ferrol (presencial)

Celga 4 Santiago de Compostela (presencial)

Celga 4 Pontevedra (presencial)

Celga 4 Vigo (presencial)

Convocatoria

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder á Plataforma de Teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.

As persoas solicitantes dun curso en liña deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:

  • Un ordenador con conexión á internet (de banda larga).
  • Un navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox).
  • Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.
  • Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).

Aquelas persoas con necesidades educativas especiais que precisen apoio para realizar un curso presencial, indicarán na súa solicitude de inscrición o apoio concreto que necesitan, cuxa concesión será valorada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición estará aberto entre o 13 de febreiro e o 3 de marzo de 2023.