Volver

Resolución definitiva da convocatoria de prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas de Bangor, Cork e Warszawski

ORDE do 28 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2023 (Código de procedemento PL500F)

Resolución definitiva da convocatoria

Adxudicación das prazas convocadas pola Orde do 28 de abril de 2023, de acordo coa duración prevista no seu artigo 2, aos solicitantes relacionados no seguinte documento.

Proposta de resolución

Resolución definitiva de persoas admitidas

Logo de rematar o prazo de presentación de reclamacións contra as listaxes provisionais, publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas (anexo I) e excluídas (anexo II).

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

Relación provisional de admitidos e excluídos

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas (anexo I), excluídas (anexo II) e desistidas (anexo III).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días, contados a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes, para presentar as reclamacións que, contra elas, estimen pertinentes.

Convocatoria

As prazas convocadas son as que se relacionan a continuación:

 

 

Destino

Localidade

País

Inicio

Remate

Bangor University

Bangor

Reino Unido

01/10/23

30/09/26

University College Cork, Ireland

Cork

Irlanda

01/09/23

31/08/26

Uniwersytet Warszawski

Varsovia

Polonia

01/10/23

30/09/26


As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) a mediados do mes de xullo.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 13 de maio e o 12 de xuño de 2023.