Resolución definitiva da convocatoria de bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
ORDE do 28 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2023 (Código de procedemento PL500E)
Resolución definitiva da convocatoria
Adxudicación das bolsas convocadas, pola contía mensual establecida no artigo 3.1 e polo período indicado no artigo 2 da devandita orde, aos solicitantes relacionados no seguinte documento.
Resolución definitiva de persoas admitidas
Logo de rematar o prazo de presentación de reclamacións contra as listaxes provisionais, publícanse as listaxes definitivas de admitidos (anexo I) e excluídos (anexo II).
Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas
Relación provisional de admitidos e excluídos
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días, contados a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes, para presentar as reclamacións que, contra elas, estimen pertinentes.
Convocatoria
As prazas convocadas son as que se relacionan a continuación:
Destino |
Localidade |
País |
Inicio |
Remate |
Universidade do Algarve |
Algarve |
Portugal |
01/10/23 |
30/09/26 |
Universitat de Barcelona |
Barcelona |
España |
01/10/23 |
30/09/26 |
Freie Universität Berlin |
Berlín |
Alemaña |
01/10/23 |
30/09/26 |
Universidad de Extremadura |
Estremadura |
España |
01/10/23 |
30/09/26 |
Universidad de Granada |
Granada |
España |
01/10/23 |
30/09/26 |
Universidade Nova de Lisboa |
Lisboa |
Portugal |
01/10/23 |
30/09/26 |
Università degli Studi di Padova |
Pádua |
Italia |
01/10/23 |
30/09/26 |
Universidade do Estado do Río de Janeiro |
Río de Janeiro |
Brasil |
01/01/24 |
31/12/26 |
“Sapienza” Università di Roma |
Roma |
Italia |
01/10/23 |
30/09/26 |
Universidade de Sâo Paulo |
Sao Paulo |
Brasil |
01/01/24 |
31/12/26 |
Sveučilište u Zadru |
Zadar |
Croacia |
01/10/23 |
30/09/26 |
As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) a mediados do mes de xullo.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 13 de maio e o 12 de xuño de 2023.