Convocatoria dos cursos Celga e LAG nas EOI para o vindeiro curso

Resolución do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Convócanse, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2023/24, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre setembro de 2023 e maio de 2024, en horario de mañá ou de tarde.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 3 ata o 14 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro); e dende o 13 ata o 24 de novembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Normativas relacionadas

Ligazóns relacionadas