Convocatoria dun posto de lector/a no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Heidelberg
O Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de Heidelberg é unha institución investigadora que ten como obxectivos a docencia, investigación e promoción da lingua, cultura e literatura galegas. O centro fundouse no ano 1995 co apoio da Xunta de Galicia e, dende 2019, forma parte do Centro Heidelberg de Estudios Iberoamericanos (HCIAS).
No CEG queda vacante a partir do 01/10/2023 un posto de Docente e investigador/a asociado/a, media xornada cunha carga horaria de 19,75 horas semanais e un contrato de dous anos de duración.
As candidaturas deberanse enviar ao enderezo electrónico ceg@uni-heidelberg.de antes do 27 de xullo de 2023.