Convocatoria do Plan Proxecta (curso 2023-2024)
Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.
Neste curso escolar ofrécense 46 programas educativos, que se poden consultar na web de Proxecta+. Os centros de ensino teñen de prazo ata o 29 de setembro para formalizaren a solicitude a través da aplicación de Plan Proxecta+.
No marco deste plan, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove catro programas específicos: Nós tamén creamos!, Proxectos de innovación en dinamización lingüística, Proxecto didáctico Antonio Fraguas e Fitofaladoiro. Para informarse sobre a organización e a xestión do Plan Proxecta+, pódese contactar co persoal asesor do Plan Proxecta nos teléfonos 881 996 395 / 881 997 498 ou no correo planproxecta@edu.xunta.es.
As dúbidas relacionadas con cada programa en concreto resolveranse coas persoas responsables que aparecen na correspondente ficha técnica.