Convocatoria dunha praza de profesor lector de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade de Salamanca
RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2023, da Universidade de Salamanca, pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de persoal docente contratado temporal, en réxime laboral, na figura de profesor LECT.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 20 de setembro de 2023.
O Centro de Estudos Galegos de Salamanca, onde exercerá o seu labor o novo lector ou lectora de lingua, literatura e cultura galegas, forma parte da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.