XIX Xornada de Normalización Lingüística
A XIX Xornada de Normalización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados.
A xornada terá lugar o día 24 de novembro, de 09:30 a 14:00 horas, na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.
Nesta ocasión, vaise analizar a figura de Luísa Villalta, elixida pola RAG para renderlle homenaxe nas Letras Galegas a partir do mes de xaneiro. Para participar, cómpre cubrir o formulario correspondente.