Xornadas Mar por Medio
A localidade de Ribadeo acollerá os días 1, 2 e 3 de decembro a XVIII edición.
As Xornadas Mar por Medio reunirán un grupo de especialistas e estudosos do fenómeno xacobeo para analizalo desde diversas ópticas. “O Camiño: Cultura e tradición” é o título do programa de actividades preparado pola Academia Xacobea, que por segundo ano consecutivo asume a organización das Xornadas, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo.
O presidente da Academia, Xesús Palmou, o alcalde ribadense, Daniel Vega, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deron a coñecer os detalles do programa.