Volver

Cursos Celga 2, 3 e 4. Listaxes de persoas seleccionadas

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Listaxes de persoas seleccionadas e en agarda

Acta do resultado do sorteo realizado o día 21 de marzo de 2024 no salón de actos da sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Celga 2 en liña

Celga 3 en liña

Celga 4 en liña

Celga 2 A Coruña (presencial)

Celga 2 Ourense (presencial)

Celga 3 Lugo (presencial)

Celga 3 Ourense (presencial)

Celga 4 A Coruña (presencial)

Celga 4 Ferrol (presencial)

Celga 4 Santiago de Compostela (presencial)

Celga 4 Pontevedra (presencial)

Celga 4 Vigo (presencial)

Convocatoria

 

Os cursos, presenciais e en liña (ver anexos I e II da resolución), poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal entre o 19 de febreiro e o 8 de marzo de 2024.  Tras acceder á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.