Volver

XXXIV edición dos cursos de lingua e cultura galegas: Galego sen fronteiras

Organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. 

Os cursos están destinados a persoas de fóra de Galicia e terán lugar en Santiago de Compostela entre os días 3 e 24 de xullo de 2024.

Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos. O enderezo electrónico ao que hai que dirixir a inscrición é: cursos@academia.gal.

O prazo para a recepción das solicitudes remata o 5 de abril de 2024.