Convocatoria de 10 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
ORDE do 2 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2024, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).
Serán as destinatarias destas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias nas titulacións exixidas nos distintos proxectos de investigación.
O prazo para a presentación das solicitudes e da documentación sinalada remata o 16 de agosto de 2024.
Normativas relacionadas
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Extracto da Orde Ligazón ao DOG