Volver

Resolución definitiva da convocatoria 2025 de prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

ORDE do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2025 (Código de procedemento PL500F).

Resolución definitiva da convocatoria de prazas en lectorados

Proposta de resolución definitiva da convocatoria de prazas en lectorados (procedemento PL500F).

Resolución provisional da convocatoria de lectorados contratados

Proposta de resolución provisional da convocatoria de lectorados contratados (procedemento PL500F).

Esta proposta de resolución provisional estará exposta a información pública por un prazo de dez días contados a partir do día seguinte á data de publicación. Durante este prazo, as persoas interesadas poderán formular as alegacións que consideren pertinentes nos lugares e formas indicados.

Relación definitiva de admitidos, excluídos e desistidos

Publicación das listaxes definitivas de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).

Relación provisional de admitidos, excluídos e desistidos

Publicación das listaxes provisionais de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días, contados a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes, para presentar as reclamacións que, contra elas, estimen pertinentes.

Convocatoria

No Diario Oficial de Galicia publicouse este 16 de maio, a convocatoria 2025 para seleccionar o novo lector ou lectora con destino en diferentes universidades.

As prazas convocadas son as que se relacionan a continuación:

Destino

Localidade

País

Christian-Albrechts-Universität zu Kiel

Kiel

Alemaña

Universidade do Minho

Braga

Portugal

University of Oxford

Oxford

Reino Unido

Uniwersytet Warszawski

Varsovia

Polonia

 

As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) na primeira quincena de xullo.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 17 de maio e o 16 de xuño de 2025.