Volver

Resolución definitiva da convocatoria 2025 de bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

ORDE do 2 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2025 (Código de procedemento PL500E).

Resolución definitiva da convocatoria de lectorados bolseiros

Proposta de resolución definitiva da convocatoria de lectorados bolseiros (procedemento PL500E).

Resolución provisional da convocatoria de lectorados bolseiros

Proposta de resolución provisional da convocatoria de lectorados bolseiros (procedemento PL500E).

Esta proposta de resolución provisional estará exposta a información pública por un prazo de dez días contados a partir do día seguinte á data de publicación. Durante este prazo, as persoas interesadas poderán formular as alegacións que consideren pertinentes nos lugares e formas indicados.

Relación definitiva de admitidos, excluídos e desistidos

Publicación das listaxes definitivas de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).

Relación provisional de admitidos, excluídos e desistidos

Publicación das listaxes provisionais de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días, contados a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes, para presentar as reclamacións que, contra elas, estimen pertinentes.

Convocatoria

No Diario Oficial de Galicia publicouse este 16 de maio, a convocatoria 2025 para seleccionar o novo lector ou lectora con destino en diferentes universidades.

As prazas convocadas son as que se relacionan a continuación:

Destino

Localidade

País

Inicio

Remate

Universidade do Algarve

Faro

Portugal

01/10/25

30/09/28

Universitat Autònoma de Barcelona

Barcelona

España

01/10/25

30/09/28

Universidad de Granada

Granada

España

01/10/25

30/09/28

Universitat de Barcelona

Barcelona

España

01/10/25

30/09/28

Universidade do Estado do Río de Janeiro

Río de Janeiro

Brasil

01/01/26

31/12/28

Sveučilište u Zadru

Zádar

Croacia

01/10/25

30/09/28

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 17 de maio e o 16 de xuño de 2025.

As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) na primeira quincena de xullo.