Convocatoria de 11 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
ORDE do 30 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).
Serán as destinatarias destas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias nas titulacións exixidas nos distintos proxectos de investigación.
O prazo para a presentación das solicitudes e da documentación sinalada remata o 12 de setembro de 2025.