Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2025-2026
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2025/2026, na cal se establecen as bases reguladoras para realizalos.

Seleccionáronse os seguintes proxectos, aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:
|
Proxecto |
Centro |
Concello |
Provincia |
|
Bingo #SoManolo |
IES Valle Inclán |
Pontevedra |
Pontevedra |
|
Trebellos con voz |
IES Illa de Ons |
Bueu |
Pontevedra |
|
Πilleite! Reto matemático en galego |
IES do Milladoiro, IESP de Ames, IES Xulián Magariños |
Ames, Negreira |
A Coruña |
|
ArgaQuest |
IES Fernando Wirtz Suárez |
A Coruña |
A Coruña |
|
Palabra no tempo |
CPI Poeta Uxío Novoneyra |
Folgoso do Courel |
Lugo |
Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén da súa difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.