Convocatoria 2026 de prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500F)

CONVOCATORIA

No Diario Oficial de Galicia publicouse este 29 de maio, a convocatoria 2026 para seleccionar o novo lector ou lectora con destino en diferentes universidades.

As prazas convocadas son as que se relacionan a continuación:

 

Destino

Localidade

País

Inicio

Remate

Bangor University

Bangor

Reino Unido

1/10/26

30/09/29

Université de la Sorbonne Nouvelle, París III

París

Francia

1/10/26

30/09/29

Uniwersytet Warszawski

Varsovia

Polonia

1/10/26

30/09/29

As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) no mes de xullo.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 30 de maio e o 29 de xuño de 2026.

Normativas relacionadas