Resolución provisional da convocatoria 2026 de prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500F)
Resolución provisional da convocatoria de lectorados contratados
Proposta de resolución provisional da convocatoria de lectorados contratados (procedemento PL500F).
Esta proposta de resolución provisional estará exposta a información pública por un prazo de dez días contados a partir do día seguinte á data de publicación. Durante este prazo, as persoas interesadas poderán formular as alegacións que consideren pertinentes nos lugares e formas indicados.
Relación definitiva de admitidos, excluídos e desistidos
Logo de rematar o prazo de presentación de reclamacións contra as ditas listaxes, establecido no artigo 9.2 da antedita orde, publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas (anexo I), excluídas (anexo II) e desistidas (anexo III).
Relación provisional de admitidos, excluídos e desistidos
Publicación das listaxes provisionais de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días, contados a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes, para presentar as reclamacións que, contra elas, estimen pertinentes.
CONVOCATORIA
No Diario Oficial de Galicia publicouse este 29 de maio, a convocatoria 2026 para seleccionar o novo lector ou lectora con destino en diferentes universidades.
As prazas convocadas son as que se relacionan a continuación:
|
Destino |
Localidade |
País |
Inicio |
Remate |
|
Bangor University |
Bangor |
Reino Unido |
1/10/26 |
30/09/29 |
|
Université de la Sorbonne Nouvelle, París III |
París |
Francia |
1/10/26 |
30/09/29 |
|
Uniwersytet Warszawski |
Varsovia |
Polonia |
1/10/26 |
30/09/29 |
As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) no mes de xullo.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 30 de maio e o 29 de xuño de 2026.
Documentos relacionados
Normativas relacionadas
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG