Resolución provisional da convocatoria 2026 de bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500E)
Resolución provisional da convocatoria de lectorados bolseiros
Proposta de resolución provisional da convocatoria de lectorados bolseiros (procedemento PL500E).
Esta proposta de resolución provisional estará exposta a información pública por un prazo de dez días contados a partir do día seguinte á data de publicación. Durante este prazo, as persoas interesadas poderán formular as alegacións que consideren pertinentes nos lugares e formas indicados.
Relación definitiva de admitidos, excluídos e desistidos
Logo de rematar o prazo de presentación de reclamacións contra as ditas listaxes, establecido no artigo 9.2 da antedita orde, publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas (anexo I), excluídas (anexo II) e desistidas (anexo III).
Relación provisional de admitidos, excluídos e desistidos
Publicación das listaxes provisionais de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días, contados a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes, para presentar as reclamacións que, contra elas, estimen pertinentes.
CONVOCATORIA
No Diario Oficial de Galicia publicouse este 29 de maio, a convocatoria 2026 para as prazas que se relacionan a continuación:
| Destino | Localidade | País | Inicio | Remate |
| Universidade do Algarve | Faro | Portugal | 01/10/26 | 30/09/29 |
| Universitat Autònoma de Barcelona | Barcelona | España | 01/10/26 | 30/09/29 |
| Universitat de Barcelona | Barcelona | España | 01/10/26 | 30/09/29 |
| Universidad de Extremadura | Extremadura | España | 01/10/26 | 30/09/29 |
| Universidade Nova de Lisboa | Lisboa | Portugal | 01/10/26 | 30/09/29 |
| Università degli Studi di Padova | Padua | Italia | 01/10/26 | 30/09/29 |
| Universidade do Estado do Río de Janeiro | Rio de Janeiro | Brasil | 01/01/27 | 31/12/29 |
| Universidade de Sâo Paulo | Sâo Paulo | Brasil | 01/01/27 | 31/12/29 |
| Sveučilište u Zadru | Zadar | Croacia | 01/10/26 | 30/09/29 |
As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) no mes de xullo.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 30 de maio e o 29 de xuño de 2026.
Documentos relacionados
Normativas relacionadas
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG