XXII Xornada de Normalización Lingüística
O vindeiro día 20 de novembro desenvolverase a XXII Xornada de Normalización Lingüística organizada por Ferega en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua e co patrocinio de Rodeira.
Terá lugar dende as 10.00 ata as 14.15 horas no salón de actos do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.
Nelas analizarase a figura de Xosé Neira Vilas, o escritor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2027. Trátase dunha xornada dirixida ao profesorado de Lingua e Literatura Galega, aberta tanto a centros públicos coma privados, na que se ofrecen as primeiras ferramentas para traballar sobre a figura homenaxeada nas Letras e para avanzar no uso da lingua.
Así mesmo, nelas entregaranse os premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego.