II Certame de Canción de Autor en Galego

O Concello de Teo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o a segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego, ao que poden concorrer intérpretes noveis de calquera estilo musical cantado en lingua galega.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 29 de marzo de 2015 e a inscrición, de balde, xestiónase desde o web www.concellodeteo.com.

Establécense un premio do xurado á mellor canción de autor/a en galego e cadanseu accésit do público á canción máis orixinal e á/ao mellor artista.

Bases do certame

Documentos relacionados