Concurso "Inventa en galego (con App Inventor)"
A Institución Galega de Ciencia convoca, co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da fundación EducaBarrié, o concurso "Inventa en galego (con App Inventor)", dirixido a grupos de alumnos e alumnas de centros educativos de nivel ata bacharelato e formación profesional de grao medio, ambos incluídos. Os participantes deben facer un programa en App Inventor, o que inclúe: crear un proxecto, crear a interface gráfica, facer a programación por bloques correspondente e probar o funcionamento da aplicación no móbil ou tableta.
Premios: outorgaranse dous premios por valor de 300 e 200 euros respectivamente, e a participación no stand de educaBarrié en Galiciencia (Ourense) e en Ciencia na Rúa en Coruña. Poden participar varios grupos dun mesmo centro, pero só se concederá un premio por centro.
Prazo de recepción de proxectos: ata o 9 de novembro.