I Premio de Relato Breve Nélida Piñón
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello de Cotobade e a Deputación de Pontevedra poñen en marcha o I Certame de Relato Breve Nélida Piñón, que nace cos obxectivos de fomentar a creación literaria en lingua galega, particularmente no ámbito da narrativa breve, e de honrar a escritora brasileira de raíces galegas, unha das referencias imprescindibles da literatura universal.
Prazo de presentación de orixinais: é do 1 de outubro ao 20 de febreiro de 2015.
Documentos relacionados
-
Bases do concurso Ligazón