VII Concurso de Poesía Mulleres do Noso Tempo
O Concello de Cee convoca a VII edición do Concurso de Poesía Mulleres do Noso Tempo 2014, destinado a que todas as nenas e nenos de idades comprendidas entre 8 e 17 anos reflexionen, en lingua galega, sobre a igualdade. A el pode concorrer todo o alumnado dos centros escolares, baixo catro categorías que serán premiadas:
- Categoría A: nenas e nenos de idades comprendidas entre 8 e 9 anos (ambos inclusive).
- Categoría B: nenas e nenos de idades comprendidas entre 10 e 12 anos (ambos inclusive)
- Categoría C: nenas e nenos de idades comprendidas entre 13 e 15 anos (ambos inclusive)
- Categoría D: nenas e nenos de idades comprendidas entre 16 e 17 anos ( ambos inclusive)
Prazo de inscrición: ata o 7 de abril (incluído)
Documentos relacionados
-
Bases do concurso PDF