XVII Certame de Poesía 'Concello de Carral'

O Concello de Carral, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, coa colaboración das secretarías xerais de Política Lingüística e Cultura, convoca a décimo sétima edición do seu certame de poesía. A el poderán optar todos/as os/as autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade que non gañasen o certame en edicións anteriores e que presenten unha peza inédita dunha extensión mínima de 500 versos escrita en lingua galega. As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral e o prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 5 de abril de 2014.

Documentos relacionados