XIX Certame de Poesía 'Concello de Carral'
O Concello de Carral, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca a décimo novena edición do seu certame de poesía. A el poderán optar todos/as os/as autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade que non gañasen o certame nas oito edicións anteriores e que presenten unha peza inédita dunha extensión mínima de 500 versos escrita en lingua galega. As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral e o prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 9 de abril de 2016.
Documentos relacionados
-
Bases do certame PDF