CinEOI Coruña Curtas 2016
Co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego, o equipo de dinamización da lingua galega da Escola Oficial de Idiomas da Coruña convoca o premio VI Festival CinEOI Coruña Curtas para curtametraxes en galego. Poderá participar, na categoría absoluta, alumnado das EOI da provincia da Coruña e as súas seccións e, na categoría xuvenil e infantil, alumnado dos centros sostidos con fondos públicos do concello da Coruña, así como do IES Manuel Murguía de Arteixo.
Haberá premios para cada unha das categorías así como á mellor fotografía e á mellor música ou canción orixinal.
O prazo de recepción de orixinais rematou o 5 de abril de 2016.
Documentos relacionados
-
Bases PDF